Partindo do seu interese polo feito fotográfico en todos os seus aspectos, Copias de autor bota a andar esta inciativa aberta a todo o mundo que teña algo que dicir con imaxes, nun intento de facer públicos os traballos fotográficos persoais, de autor, que dificilmente atopan acubillo nas publicacións cotiáns. A producción destes traballos pode ser en formato libro de autor ou carpeta, dependendo da forma, tipo de linguaxe, número de imaxes... O número de tirada será limitado.
Copias de autor é un lugar no que desenvolver proxectos arredor da fotografía. Permítenos falar de imaxes con intensidade e resolver, con profesionalidade e agarimo, todas as nosas inquietudes con relación á forma que terá a nosa obra, dende a impresión, pasando pola edición ata o acabado final.
Podedes consultar toda a información sobre a convocatoria no seguinte enlace: