miércoles, 2 de agosto de 2017

A Biblioteca Xosé Neira Vilas sobrevive o pracer de enviar e recibir postais manuscritas.






Recibimos, a través da IFLA, unha orixinal proposta da Cumberland Public Library de Nova York, para participar no programa 'Intercambio Internacional de Postais' dirixido aos adolescentes, co obxectivo de que os rapaces e rapazas de distintas nacionalidades estreiten lazos a través do intercambio de postais.

Enviar postais manuscritas a descoñecidos doutros países, fomenta as relacións internacionais e o aprendizaxe de idiomas así como o intercambio cultural, a cooperación,  a integración e a colaboración. Concretamente no noso caso, moitos dos adolescentes que participaron pertencen o noso Clube de Lectura Xuvenil e carteáronse con rapaces e rapazas de Rumanía, Estados Unidos ou Reino Unido entre outros lugares. Nesta correspondencia que ten un claro fin de animación á lectura, puideron comentar os seus gustos literarios, os xéneros que máis lles entusiasman ou incluso atrevéronse a recomendar algunha obra o autor. 

Foi unha agradable experiencia e un acerto formar parte desta iniciativa internacional a que fomos convidados a participar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario