jueves, 30 de noviembre de 2017

PROGRAMACIÓN DECEMBRO 2017


MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Achégase o inverno

A biblioteca expón durante este mes unha escolma bibliográfica que ten como fío condutor o inverno. Coa chegada estes días do solsticio os propoñemos unha selección de lecturas que se desenvolven nesta estación, e nas que o inverno ademais de un marco temporal ten tamén unha dimensión simbólica.
Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.
Mostra bibliográfica: Revolución Rusa Biblioteca Neira Vilas

Do 1 ao 31 de decembro
Horario de apertura da biblioteca
Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
RECOMENDACIÓN DO MES: Kazuo Ishiguro
Mostra bibliográfica
Neste mes de decembro queremos recomendar a obra do último Premio Nobel de Literatura Kazuo Ishiguro. O xurado destacou "as súas novelas de gran forza emocional que descubriron o abismo baixo o noso ilusorio sentido de conexión co mundo". A súa obra máis celebrada é Los restos del día (1989)
Recomendación do mes Neira Vilas na bibliotecaEstas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.


Do 1 ao 31 de decembro
Horario de apertura da biblioteca
Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

 
A HORA DOS CONTOS: Raquel Queizás
A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.
A hora dos contos Biblioteca Xosé Neira Vilas  Raquel Queizás

Venres, 1 de decembro ás 18.00 h 
Para: público infantil dende 3 anos.
Aforo limitado

CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño
Club de lectuta Biblioteca Xosé Neira VilasO club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións.
Xoves, 14 de decembro ás 19.00 h
Para: Público socio do club.
 

CONTOS DAKÍ: Regueifas

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes o público que teña o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítannos dous regueifeiros da Asociación Oral de Galicia.
Contos Regueifas Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas





Venres, 15 de decembro ás 19.30 h
Para: Público adulto.
Aforo limitado

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Mostra de Nadal

Mostra bibliográfica  Biblioteca Neira VilasDurante as festas de Nadal a Biblioteca Neira Vilas ofrece unha mostra na que atopar moitas ideas para decorar a túa casa, preparar novas receitas nas celebracións, facer agasallos ou gozar con diferentes historias para celebrar estas datas.
Para público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.
Do 22 de decembro ao 6 de xaneiro
Horario de apertura da biblioteca
Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.

BUZÓN REAL

O Buzón Real estará na biblioteca para que todo o mundo poida deixar as súas peticións aos Reis Magos e contarlles como se portaron durante todo o ano.
Buzón Real na biblioteca

Do 22 de decembro ao 5 de xaneiro
Horario de apertura da biblioteca
Para: Público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.
 

ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS

PREVIA INSCRICIÓN* 1 DE DECEMBRO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN
Un venres ao mes grazas a Bea e a Paulo os bebés comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

Entre arrolos e contiños Biblioteca Xosé Neira Vilas






Venres, 22 de decembro ás 18.00 h
Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.

OBRADOIRO DE NADALÁlbum de fotografías

PREVIA INSCRICIÓN* 5 DE DECEMBRO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN
Con motivo das festas do Nadal a Biblioteca Xosé Neira Vilas organiza un obradoiro no que o público infantil poderá realizar o seu propio álbum de fotografías para ir engadido fotos ao longo do novo ano que comeza.

Achégate á internet Biblioteca Xosé Neira Vilas

Xoves, 28 de decembro
Horario de 11.00 a 13.00 h
Para: público infantil dende 5 anos.

A CESTA DOS LIBROS

Para celebrar que remata o 2017 premiamos aos lectores máis activos de cada categoría (adulto e infantil) cun lote de libros para que poidan comezar o 2018 gozando das mellores lecturas.

Cesta dos libros Biblioteca Xosé Neira Vilas






Venres, 29 de decembro

 






















No hay comentarios:

Publicar un comentario