viernes, 29 de diciembre de 2017

Os libros galegos máis prestados na biblioteca no 2017

Estamos a piques de rematar o ano e é tempo de facer balance de todo o acontecido neste 2017 e sobre todo das nosas lecturas. Eses libros que nos acompañaron nestes 365 días e nos fixeron descubrir asasinos, percorrer o fondo do mar da ría de Vigo ou as rúas da nosa cidade.

Aquí vos deixamos a lista dos libros en galego  máis prestados na Biblioteca Neira Vilas


LIBROS DE FICCIÓN PARA PÚBLICO ADULTO


1. A ira dos mansos. Manuel Esteban (Ed. Xerais)

Manuel Esteban gañou o Premio Xerais de Novela con esta novela negra protagonizada polo inspector Manso quen atopa o corpo dunha rapaza asasinada no noso barrio.



Esteban estivo este setembro con nós nas Terrazas de Verán e soubo conquistar ao público asistente e lograr unha cola enorme na lista de reservas da súa novela.




2. Fillos do lume. Pedro Feijoo (Ed Xerais)

A novela de Pedro Feijoo xa tiña reservas antes de que chegase á biblioteca. Precedida polos seus anteriores traballos, Fillos do mar, A memoria da choiva, Morena, perigosa e románica, os nosos usuarios morrían das ganas de coñecer as novas andanzas de Simón e Mariña.

Pedro Feijoo visitounos en outubro para falar da súa novela. Como sempre foi un pracer escoitalo falar do seu traballo.

3. Os nenos da varíola. María Solar (Ed. Galaxia)

 A historia dos nenos que saíron dende A Coruña en barco ata América levando nos seus corpos a vacina da varíola na famosa expedición Balmis conquistou aos nosos lectores









LIBROS DE FICCIÓN PARA PÚBLICO PRELECTOR

1. O gato lambón. Patacrúa e Oliveiro Dumas (Ed. Kalandraka)

Este álbum ilustrado baseado nos contos tradicionais europeos onde aparece un gato lambeteiro é todo un éxito entre os máis cativos da biblioteca.








2. Carabuñas. Margarita del Mazo & Chalotte Pardi (Ed. OQO)
As verdadeiras historias de amizade sempre son as preferidas dos nosos lectores e máis se son así de divertidas.











3. A vaca que puxo un ovo. Andy Cutbill & Rusell Ayto (Patasdepeixe)
Como resistirse a unha historia que narra unha acontecemento tan raro coma que unha vaca poña un ovo!



LIBROS DE FICCIÓN PARA PÚBLICO INFANTIL

E chegou o "fenómeno Ledia Costas" os seus libros pasan moi pouco tempo entre os andeis da biblioteca...
Cun empate en préstamos atopamos as historias desta pequena namorada da cociña.

1. Esmeraldina, a pequena defunta. Ledica Costas (Ed. Xerais)
2. Escarlatina, a cociñeira defunta. Ledica Costas (Ed. Xerais)






3. Marcopola. Jacobo Fernández (Ed. Xerais)
As catro historias de Marcopola son os cómics en galego máis prestados da biblioteca.








LIBROS DE FICCIÓN PARA PÚBLICO XUVENIL

1. Unha estrela no vento. Ledicia Costas (Ed. Xerais)
Historias de instituto de respecto e madurez que fan que a rapazada que visita a biblioteca fiquen namorados desta novela.
2. Jules Verne. e a vida secreta das mulleres planta. Ledicia Costas (Ed. Xerais)
En 2015 Ledicia foi galardoada co Premio Lazarillo con esta novela, premio que repite neste 2017 coa súa obra Plumas e unicornios. Unha historia centrada na cidade de Vigo no século XIX e nos días en que o mismisimo Jules Verne visitaba a nosa cidade mergullándonos nun mar de misterios.



3. Xa non estou aquí. Iria Misa
Cando Ánxela desaparece da casa son moitas as voces que se preguntan porque marchou e  se puideron facer algo para que isto non sucedera.

Iria Misa estivo na biblioteca para festexar con nós este ano o Día do Libro Infantil e Xuvenil e para encontrarse cun grupo de rapaces que tiñan unha morea de preguntas sobre a súa novela.














LIBROS DE NON  FICCIÓN 

Fora dos libros da ficción está claro que o que máis lles interesa aos nosos usuarios e preparar novas receitas de cociña para sorprender aos seus comensais.

1. Aperitivos e tapas. Mariona Queadrada (Ed. Bahía)
2. Cociña galega caseira. Nieves Feros (Ed. Bahía)
3. Cociña de larpeiros. Benigno Campos (Ed. Galaxia)





No hay comentarios:

Publicar un comentario